Momentos G
Estacionar en dobre fila, canto tempo?
07/10/2019 13:45 h
Falamos de aparcar en dobre fila para facer pequenos recados, como desembarcar os nenos ás portas do colexio.
En Lugo, o estacionamento en dobre fila queda acotado a só dez minutos. A Policía Local informará os condutores de posibles sancións se superan ese tempo.
Os colapsos de tráfico son algo habitual nas proximidades dos centros educativos. Os pais solicitan que o Concello habilite máis espazo para poder estacionar.